VIII Curso
Este curso organizado pola Escola Galega da Paisaxe diríxese a titulados universitarios de grao medio ou superior que desenvolvan a súa actividade en proxectos e/ou execución de obras de arquitectura, xardinería e paisaxismo, así como a estudantes dos últimos cursos de carreiras técnicas con vocación de especializarse dentro deste campo.
Participarán especialistas de primeiro nivel tanto nacionais como internacionais e desenvolverase na Sede da Escola Galega da Paisaxe en San Pedro de Nós (Oleiros).
A data de comezo será o venres 30 de setembro e rematará o día 30 de outubro. Os relatorios terán lugar os venres pola tarde e os sábados pola mañá.