Actividades | Premios

Premios de Aquitectura Juana de Vega

A Fundación Juana de Vega dedica os seus esforzos a colaborar na mellora das condicións de vida do ámbito rural galego e no respecto do seu entorno natural, e a promover a formación orientada ás actividades económicas que nel se realizan.

Neste contexto, tendo en conta a dispersión característica das vivendas nos espazos non urbanos do país, o que con demasiada frecuencia está levando á perda de calidade paisaxística e ao abandono das formas e contidos da arquitectura tradicional, a Fundación, a través da Escola Galega da Paisaxe, convoca un premio anual de arquitectura, coa mellor dotación dos que se conceden en Galicia.

Premiarase a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, rematada o ano natural anterior en Galicia, segundo o criterio do xurado. éste valorará especialmente a capacidade da obra para converterse nunha referencia social que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen no medio non urbano.

A esta oitava convocatoria poderán concursar as vivendas unifamiliares rematadas en Galicia no 2010. A data límite de presentación dos proxectos realizados é o 31 de maio. O importe do premio é de 6.000,00 euros e o xurado poderá conceder ademais dous accesits dotados con 1.500,00 euros cada un.

O Xurado estará formado, nesta edición 2011, por:

  • D. Jorge Duarte Vázquez. Decano - Presidente del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia.
  • D. Enrique Sáez Ponte. Presidente da Fundación Juana de Vega
  • D. Gonzalo Byrne. Arquitecto
  • D. Xosé Manuel Casabella López. Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.
  • D. Salvador Fraga Rivas. Arquitecto.
  • D. Manuel Caamaño Suárez. Secretario do Padroado do Museo do Pobo Galego.
  • D. Xavier Seoane. Escritor.

O fallo do xurado terá lugar no mes de setembro e os traballos premiados serán difundidos mediante a súa publicación.

Lugar de presentación dos traballos.

  • Na Sede da Fundación Juana de Vega.
  • Nas Delegacións Territoriais do COAG..

Principio pagina

 

Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende nº 92
C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros
A Coruña - España
Tlfo.: 981.65.46.37 Fax: 981.65.20.95