A Escola | Obxectivos


Os obxectivos da Escola Galega da Paisaxe son: promover o estudo, a investigación, a formación, a difusión e o intercambio de coñecemento, e a sensibilización e concienciación da sociedade en materia da paisaxe e en temas con ela relacionados. Na procura dos seus obxectivos, a Escola Galega da Paisaxe fomentará a colaboración coas administracións públicas, as universidades, os centros de ensino, as empresas, os medios de comunicación, os colectivos profesionais e a sociedade en xeral.


A Escola Galega da Paisaxe, poderá realizar, entre outras, as seguintes actividades:

  • Organizar cursos, congresos, conferencias, seminarios, xornadas, coloquios, foros de debate, etc, sobre diversos temas relacionados coa paisaxe. Especificamente, a Escola Galega da Paisaxe asumirá todas as actividades que na actualidade desenvolve a Fundación neste ámbito, entre elas, o Master de Arquitectura da Paisaxe.
  • Organizar exposicións, editar libros, catálogos ou calquera outro tipo de publicación divulgativa.
  • Outorgar premios de investigación ou que teñan por obxecto destacar e poñer en valor actuacións na paisaxe realizadas en Galicia, nos que se valorará especialmente o seu favorable impacto social.
  • Asesorar, orientar ou facer suxestións a institucións públicas ou privadas, na planificación, xestión e conservación da paisaxe.

Continuar siguiente columna

 

Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende nº 92
C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros
A Coruña - España
Tlfo.: 981.65.46.37 Fax: 981.65.20.95