Novas

Premio Nacional para unha alumna do Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega polo seu proxecto fin de carreira.

  • A proposta de María Paz Sangiao para a recuperación do entorno de As Pontes foi seleccionada entre máis de 30 traballos presentados por estudantes de toda España ao premio nacional de Iberflora sobre rexeneración da paisaxe natural.
  • Outro alumno do Máster, Gabriel Alarcón Sabarís, resultou galardoado con un accésit ao mellor Proxecto Fin de Carreira tamén na modalidade de rexeneración da paisaxe natural.

Oleiros, 7 de outubro de 2011.- A alumna do Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, María Paz Sangiao resultou ganadora do Premio Nacional de Iberflora ao mellor Proxecto Fin de Carreira sobre Rexeneración da Paisaxe Natural. O seu traballo, centrado na rexeneración paisaxística de As Pontes, elixírono entre máis de 30 proxectos procedentes de diferentes escolas de enxeñería e arquitectura de toda España.

O Premio Nacional a Proxectos de Fin de Carreira de Xardineria e Paisaxismo de Iberflora, a Feria Internacional de Planta e Flor, Tecnología y Bricojardín, cumple este ano a súa décima edición. A convocatoria está dirixida a estudantes que aprobaran os seus proxectos nos últimos tres cursos académicos, e ten como obxectivo apostar pola formación e a promoción dos novos profesionais que, ano tras ano, finalizan os seus estudos nas Escolas de Paisaxismo de toda España.

O Premio divídese en catro categorías: Xardinería en Paisaxismo en Medio Urbano, Rexeneración da Paisaxe Natural, Xestión e Mantemento de Xardinería Pública e Arquitectura e Paisaxe e se establecen ademais dous accésit en cada unha das modalidades.

O xurado, que componse de profesionais de recoñecido prestixio e catedráticos de proxectos das universidades españolas, elixiu o proxecto de María Paz Sangiao valorando na súa aposta por crear unha paisaxe cultural capaz de contar unha parte importante da historia de As Pontes nun marco de futuro. Lembra a alumna na súa proposta que a explotación da mina de As Pontes desde 1976 ata 2007 transformou radicalmente a paisaxe da zona, marcada polas impoñentes chemineas fumeantes. Unha vez rematada a explotación da mina e tras a extracción de lignito xerouse un oco mineiro de 900 Mm3 . Ata o momento actual, a solución levada a cabo para a súa restauración foi a creación dunha cuberta vexetal na entulleira e a rehabilitación do espazo afectado polo oco mineiro mediante o enchido con auga para a creación dun lago.

Neste contexto a proposta de intervención desenvolvida pola estudante premiada abarca a actuación de 40 hectáreas na península sur do novo lago. Tratase dun punto singular onde o terreo e a vexetación orixinal conviviu coas infraestruturas vinculadas á explotación mineira, como as cintas de transporte, canles para a evacuación, recollida e tratamento da auga, ou as liñas de alta tensión. Estes elementos son testigos directos dun pasado e presente mineiro que lle confiren un carácter en unha personalidade que, en opinión da autora do proxecto, merece ser respectado e integrado neste delicado proceso de transformación. Por tanto, para este ámbito plantéxase un espazo que parte do contacto coa masa de auga para achegarse cara un pasado de formas e estruturas que quedaron ocultas. Lembra a galardoada que trátase dunhas infraestruturas cuxo valor enxeñeril e patrimonial convérteno na oportunidade e no potencial para o mantemento e reforzo do seu carácter e personalidade.

Outro alumno do Máster, Gabriel Alarcón Sabarís, resultou galardoado cun accésit ao mellor Proxecto Fin de Carreira na mesma modalidade, e por un traballo tamén na Mina de As Pontes. Destaca o xurado o enfoque conceptual da proposta como alternativa para a xestión e organización do territorio baseada nunha profunda análise do carácter do lugar. Trátase dunha proposta flexible e dinámica na liña de entender a paisaxe como un proceso, fuxindo de estruturas e normativas ríxidas.

O Máster en Arquitectura da Paisaxe, promóveo e finánciao a Fundación Juana de Vega a través da Escola Galega da Paisaxe, é un título oficial interuniversitario, no que participan as Universidades de A Coruña e Santiago de Compostela. Este programa formativo está dirixido a arquitectos, enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros de montes, enxeñeiros de camiños, canais e portos, enxeñeiros de minas, biólogos, xeógrafos e xeólogos, é o único de carácter especializado e de rango universitario que existe en Galicia no ámbito da arquitectura da paisaxe. Para elo, o programa académico abrangue a planificación, a análise o deseño da paisaxe en xeral, así como o que se refire a integración de proxectos de infraestruturas na paisaxe e tamén proxectos específicos de paisaxes urbanos e culturais. Abórdase ademáis a execución e posterior mantemento, xestión, conservación e restauración da paisaxe, tanto pública como privada no medio urbano, rural e forestal.

Principio pagina

 

Máis

Ecosistema Urbano participará no Ciclo de Conferencias da Paisaxe da Escola Galega dá Paisaxe, actividade complementaria do Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega

Ler máis...

A Fundación Juana de Vega e o Instituto de Estudos do Territorio impulsan un novo estudo para mellorar o medio rural a través da integración paisaxística dos peches de terreos.

Ler mails...

Primeira "Xornada sobre Xardíns Verticais". Os vindeiros 31 de xaneiro e 1 de febreiro

Ler máis...

Primeira "Xornada sobre Raingardens". Os vindeiros 23 e 24 de xaneiro

Ler máis...

A Fundación Juana de Vega inicia a súa novena edición do Curso de Arquitectura da Paisaxe con especialistas de primeira liña internacional

Ler mails...

A USC abriu o prazo para realizar a preinscrición no "Mestrado en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega"

Ler mails...

Convocada a edición do 2012 do Premio Juana de Vega de Arquitectura

Ler máis....

A Fundación Juana de Vega colaborará coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no desenvolvemento da súa Estratexia de Paisaxe.

Ler máis...

A Xunta comeza o ano dedicado á paisaxe coa posta en marcha do programa "12 meses,12 paisaxes" nos centros educativos

Ler máis...

A Escola Galega da Paisaxe propoñerá actuacións ao concello de Arteixo destinadas a mellorar os seus recursos paisaxísticos e as súas áreas de lecer.

Ler máis...

Entrevista a Directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre, pola súa reordenación no parque da Xunqueira en Vilagarcia de Arousa.

Ler máis...

Entrevista a Martha Schwartz, arquitecta da paisaxe

Ler máis...

Premio Juana de Vega de Arquitectura para Antonio Pernas Varela por unha vivenda situada en Bergondo

Ler máis...

Entrevista a Charles Waldheim, Director do departamento de Arquitectura da Paisaxe da Universidade de Harvard e ponente no VIII Curso de Arquitectura da Paisaxe.

Ler máis...

Expertos internacionais das universidades de Harvard e Lovaina participarán na oitava edición do curso de Arquitectura da Paisaxe da Escola Galega da Paisaxe

Ler máis...

Un máster achegará deseños para reformar a contorna do Anllóns

Ler máis...

Un territorio xeneroso capaz de ocultalo case todo

Ler máis...

A pedagoxía razoable dos apeiros mariñeiros, a rede viaria local e o viñedo do Sil

Ler máis...

Ben común e sustentabilidade, eixos do cambio de modelo urbanístico

Ler máis...

A Universidade da Coruña amplia o prazo de matrícula no Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega. O novo prazo comenza o 26 de setembro e remata o 4 de outubro

Ler máis...

As doce paisaxes de Galicia

Ler máis...

Curso "Enerxía Eólica en Galicia: o seu impacto no medio rural" do 18 ao 21 de xullo na Facultade de Ciencias Económicas y Empresariais da Universidade de Vigo

Ler máis...

Jordi Bellmunt impartirá a conferencia "Especies de Espacios Verdes" o mércores, 15 de xuño, ás 12 horas no Salón de Graos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Ler máis...

Entrevista a Tilman Latz, arquitecto da paisaxe que asesorou aos alumnos do Máster en Arquitectura da Paisaxe no seu traballo fin de Máster

Ler máis...

A Escola Galega da Paisaxe proxectará o vindeiro 12 de maio a película "O Eloxio da Distancia"

Ler máis...

Cinco mozos galegos seleccionados nun concurso internacional de paisaxismo

Ler máis...

A crise paraliza a edificación na costa e desvirtúa a súa protección

Ler máis...

A Escola Galega da Paisaxe colabora co Proxectoterra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia coa edición dun libro para sensibilizar aos escolares na importancia da paisaxe.

Ler máis...

O Goberno esixe que o plan do litoral aclare a primacía dos deslindes e a Lei de Costas

Ler máis...

Dous parques eólicos ameazan o Camiño Francés

Ler máis...

Gustafson Porter gañadores do concurso "Parque Central de Valencia"

Ler máis...

A nova ordenación impedirá as urbanizacións de vivendas fóra dos núcleos de poboación

Ler máis...

O plan do litoral abre 800 hectáreas ao ladrillo na área dos 500 metros

Ler máis...

Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende nº 92
C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros
A Coruña - España
Tlfo.: 981.65.46.37 Fax: 981.65.20.95